A formación e innovación nas artes circenses son o leit motiv do encontro D10! Que estes dÃas celebra a súa oitava edición na capital galega. A compañÃa PistaCatro Producións organiza este foro que reúne a profesionais locais e estranxeiros das artes circenses, enfocado á formación, á investigación e innovación, á exhibición de moi diversos formatos para o circo en sala e as novas linguaxes, e ó coloquio e a conversa. Ademais de laboratorios e obradoiros dirixidos aos propios profesionais que levan facéndose desde o pasado 22 de novembro e que seguirán ata o dÃa 7 de decembro, esta semana dan comezo as exhibicións abertas ao público, conformando un gran programa en diferentes escenarios da cidade. O Salón teatro, Teatro principal e Auditorio de Galicia acollen ata o dÃa 3 seis espectáculos. Unha VIII Edición do D10! que é posible grazas ó Patrocinio de Xunta de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais; coa subvención de Ministerio de Cultura y Deporte e que conta coa colaboración de CDG - Salón Teatro, Concello De Santiago, Cidade da Cultura de Galicia, La Grainierie de Toulousse