O mercado galego de artes escénicas, Galicia Escena PRO, retomará este ano o seu papel coma punto de encontro do sector tras a suspensión do pasado ano. A Xunta de Galicia, promotora a través da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) deste escaparate da profesión escénica que inclúe teatro, danza, maxia e novo circo, anunciou a celebración da oitava edición do 7 ao 10 de xuño en Santiago. No que se presenta como unha adaptación á situación sanitaria e as medidas anticovid, a programación non estará aberta ao público xeral, senón que se dirixirá exclusivamente aos profesionais inscritos. Ao tempo, teranse en conta para o seu deseño os espectáculos producidos nas dúas últimas temporadas, para dar asà cabida a aqueles tÃtulos que viron dificultada a súa chegada ao público por mor da situación pandémica. Ademais esta edición conxugará a faceta presencial cunha virtual a través do desenvolvemento en liña das súas habituais sesións formativas e encontros profesionais.
RepÃtese este ano a experiencia da organización compartida entre a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade e a asociación Escena Galega, co obxectivo de ofrecerlles ás compañÃas un escaparate para a difusión dos seus traballos entre os axentes culturais responsables de espazos, festivais e encontros escénicos de dentro e fóra de Galicia. O mercado acaba de abrir ata o 20 de abril (ás 15,00 h) o prazo de presentación de propostas cara á configuración do seu programa de exhibición que, como en edicións anteriores, incluirá tanto espectáculos en formato completo como os proxectos que as compañÃas avanzarán nas sesións de "pitching". Tras a finalización do prazo, unha comisión artÃstica nomeada por Escena Galega e integrada por profesionais do sector será a encargada de seleccionar as producións e proxectos que lle darán forma á carteleira deste ano. O seu obxectivo será ofrecer unha programación variada, na que se primará tanto a calidade como o equilibrio entre as diferentes disciplinas artÃsticas: teatro, danza, maxia e novo circo.