Obradoiros, coloquios e funcións para o público xeral
Ademais das mesas de traballo da APCG e os obradoiros sobre Presencia, Dramaturxia e Creación dirixido por Pau Portabella e Malabares & Movemento da man de Sean Gandini & Kati Ylä-Hokkala, o D10! ofrecerá tres funcións para o público xeral, dúas delas en colaboración co Centro Dramático Galego. Serán Homenatje, de CÃa. En decembro, que terá lugar hoxe martes no Teatro Principal, e CÃa. Dikhotomia con Ego, o venres 27 de novembro no Salón Teatro. Ademais, o xoves 3 de decembro, o V Encontro D10! pechará coa posta en escena de Ovvio, de Kolektiv Lapso Cirk, no Teatro Principal. As tres actuacións darán comezo ás 20,30 h. e as localidades estarán á venda nos despachos de billetes de cada espazo desde as 18,30 h.