A Fundación Catedral de Santiago recibe a medalla de honra da Real Academia Galega de Belas Artes

Recoñece o labor de rehabilitación e a nova museografía

30/10/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
27 lecturas | Compartido 0 veces

Obras na catedral. Foto: Fundación Catedral de Santiago

A Real Academia Galega de Belas Artes fixo entrega este sábado da súa Medalla de Honra á Fundación Catedral de Santiago. O motivo é o complexo proceso de rehabilitación integral do edificio nos últimos anos e a renovación do programa museolóxico do monumento. O acto celebrouse en Santiago de Compostela, e o galardón foi recibido polo arcebispo, Francisco José Prieto, quen salientou que "a gran tarefa no presente é incorporar a beleza recibida a nosa sensibilidade contemporánea". Segundo Celestino García Braña, o arquitecto que realizou a laudatio durante o acto de entrega, "estas obras constitúen o cuarto gran momento na historia da gran mole catedralicia compostelá".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados