O director da Fundación Catedral de Santiago, o pobrense Daniel Lorenzo, ingresou este sábado na Real Academia Galega de Belas Artes como académico da sección de arqueoloxÃa e museoloxÃa, en substitución de Fernando Acuña Castroviejo. O acto estivo presidido polo presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo. Lorenzo debullou a evolución e os últimos traballos levados a cabo na catedral de Santiago e expuxo os seus "soños" ao redor da Catedral, avanzando proxectos de integración e ampliación agrupados no "programa Compostela Sacra". Lorenzo indicou que "este proxecto cultural quere ensanchar os lÃmites dos muros do conxunto catedralicio, partindo da Catedral, para que toda a cidade de Santiago adquira un valor museÃstico. Os obxectivos que se perseguen son a creación do gran museo da cidade, que necesariamente esixirá a ampliación de espazos noutros edificios, a consolidación do proxecto cultural da Catedral, a posta en valor e a xestión integral das coleccións artÃsticas, a desestacionalización e a minoración da presión turÃstica sobre o templo, e rematar co desventurado tópico segundo o cal quen cruza os linteis dalgunha das portas da Catedral xa coñece Santiago e está todo visto”.