O Museo do Mar acolle as fotografías viguesas de Mary Quintero

A mostra pode visitarse ata o 19 de xaneiro de 2024

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A fotógrafa Mary Quintero

A fotógrafa Mary Quintero

A fotógrafa viguesa Mary Quintero foi unha das profesionais de referencia para a fotografía familiar e mesmo publicitaria en Vigo durante a segunda metade do século XX. A mostra "A imaxinación no interior dun estudo", localizada no Museo do Mar de Vigo, recolle 50 fotografías que amosan a evolución artística e técnica de Mary Quintero, pero tamén dos propios cambios, gustos e estéticas preferidas pola sociedade viguesa e a nivel global durante estas décadas. A colección é parte do fondo Mary Quintero do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra e pódese visitar ata o 19 de xaneiro de 2024.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mary Quintero, Fotografía, Vigo, Pontevedra

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares