O CCG estuda a figura da fotógrafa Mary Quintero

Mañá celébrase a xornada no CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O CCG estuda a figura da fotógrafa Mary Quintero

A luz que alumea a vida é o título da xornada coa que a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega (CCG) quere centrar o foco nunha fotógrafa viguesa tan descoñecida para o público como destacada foi na súa profesión, e que se celebrará mañá xoves 29 no Consello da Cultura Galega. Mary Quintero (Melide, 1931) é unha das pioneiras da fotografía profesional en Galicia e unha retratista preocupada pola iluminación e uso de novas técnicas. A cita terá lugar mañá xoves en Santiago co obxectivo de visibilizar o traballo de mulleres que, como ela, están a pasar desapercibidas no mundo da imaxe. A xornada complétase cunha exposición nas instalacións do CCG que exhibe algunhas das fotografías e materiais que marcaron a súa traxectoria e que comentará a propia Quintero.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Cartografía dunha actriz

Cartografía dunha actriz

O Consello da Cultura Galega homenaxea a Mabel Rivera, unha das máis reputadas profesionais das artes escénicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mary Quintero, Fotografía, Consello da Cultura Galega, Mulleres...

Claves

Protagonistas
Lugares