Unha mostra recupera o traballo dos fotógrafos Pepe Esteirán e Rizo

Un estudo chamado Galiza recolle en Vigo 200 imaxes destes profesionais

17/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Campaña do berberecho, malecón de Noia, 1975. Pepe O Esteirán

Dúascentas fotografías de Xosé Piñeiro Priegue, Pepe Esteirán e José Vázquez Arias, Rizo compoñen a mostra Un estudo chamado Galiza: a modernidade a través das imaxe que se pode ver desde hoxe no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia en Vigo. A exposición, que fai parte do Outono Fotográfico, amosa o traballo destes dous profesionais autodidactas ao longo da costa e do interior do país en retratos de exterior e de estudio, fotografía de vodas e eventos e a actividade nos portos, e reflexiona sobre o xeito no que retrataron a sociedade da súa época. O centro amosa estas obras ata o vindeiro 25 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Fotografía, Outono Fotográfico

Claves

Conceptos
Lugares