Unha exposición en Vigo amosa a pintura galega entre 1833 e 1936

O Centro Cultural Novacaixagalicia acolle a mostra ata o vindeiro 25 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Alfredo Souto, Vista dunha rúa da aldea de Estribela, 1900

Alfredo Souto, Vista dunha rúa da aldea de Estribela, 1900

A Obra Social Novacaixagalicai continúa a recorrer aos seus fondos pictóricos para cubrir a programación do ano. Este outono o Centro Cultural de Vigo da entidade amosa a exposición Da fantasía á realidade. Pintura de 1833 a 1936, que achega obras de pintores recoñecidos do noso país como Villaamil, Ovidio Murguía, Llorens, Alfredo Souto, Sotomayor o Julia Minguillón. Paisaxe e escenas cotiás son os temas do groso das obras que se poden ver na mostra, que estará aberta ata o vindeiro 25 de novembro.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Paisaxe

Claves

Conceptos
Lugares