Serafín Avendaño. Paisaxe con casa e barcos 1907
Desde o romantismo ao realismo e ao movemento rexionalista. Desde comezos do século XIX o noso país viu xurdir unha serie de pintores que centraron na paisaxe e nas xentes de Galicia o seu traballo e que contribuíron a configurar o imaxinario co que nos concibimos. Agora, a tirar dos fondos das súas coleccións, Caixanovagalicia presenta no seu centro de Vigo Da fantasía á realidade. Pintura de 1833 a 1936, unha escolma de traballos de artistas coma Villaamil, Ovidio Murguía, Llorens, Alfredo Souto, Sotomayor ou Julia Minguillón.




A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 25 de novembro.


