Oito filmes recibirán o apoio do programa Pontevedra, plató de cinema

A Deputación Provincial contribuirá a estas rodaxes con 90.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Catro longametraxes e outras tantas curtas repartirán os 90.000 euros con que a Deputación de Pontevedra apoia as rodaxes cinematográficas na provincia. A convocatoria Pontevedra, plató de cinema achegará 25.000 euros ao proxecto Castelao de Ángeles Huertas, que recibiu a máxima puntuación no apartado de filmes de longa duración.

Na mesma categoría Da túa man para a miña, de Fran Rodríguez Casal e Coral Piñeiro, contará con 20.000 euros, mentres Entelequias, dirixida por Dario Autrán, e Illa, de Claudia Brenlla, sumarán 15.000 euros cada unha.

No apartado de curtametraxes, Arco da vella, dirixida por David Fidalgo, e Curmán, de Alejandro Jato, recibirán 3.500 euros cada unha. Aquarium, dirixida por Margue Morello e Un home que foxe de Pablo Dopazo, contarán con cadanseus 3.000. As rodaxes desenvolveranse entre o final de 2023 e o 30 de setembro de 2024.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Deputación Provincial, Castelao, Deputación de Pontevedra...