
Os proxectos audiovisuais ou obras de animación que queiran acceder a estas achegas deberán ser en galego, estar desenvolvidos por entidades privadas e situar na provincia de Pontevedra, polo menos, un 50% do total dos seus escenarios. As longametraxes que cumpran estes requisitos poderán obter unha axuda cun importe máximo de 15.000 euros e mentres que as curtametraxes poderán chegar a obter 3.500 euros. "Pontevedra, plató de cinema" arrincou o ano pasado co patrocinio de "Nación", de Margarida Ledo, que xa obtivo premios á Mellor dirección no Festival de Cine de Sevilla 2020 e ao Mellor documental nos Mestre Mateo 2021, e "9 Fugas", de Fon Cortizo, que se alzou co Premio Mestre Mateo á Mellor Música Orixinal ademais de obter o Premio á mellor pelÃcula na sección Retueyos do Festival Internacional de Cine de Xixón. Ademais, tamén se patrocinaron "Negro Púrpura", Adriana P. Villanueva e Sabela Iglesias, e "Devolvendo o Golpe", de Carlos Prado.