A Xunta convoca as axudas para as rodaxes

A liña de subvencións aumenta o orzamento por riba de dous millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualPolíticas Culturais
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria para concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia. Esta liña de subvencións contan cun orzamento de 2.200.000 euros e están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Este orzamento supón un aumento en 200.000 euros respecto ao anterior e as contías máxima a recibir por proxecto oscilan entre os 300.000 e os 350.000 euros. Estas subvencións destíñanse a producións, tanto de longametraxes coma series, que teñan como destino final principal a exhibición cinematográfica comercial ou a emisión en canles de televisión ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda con implantación xeográfica nacional e internacional

A finalidade desta convocatoria é estimular e impulsar a execución de rodaxes audiovisuais en Galicia para, por un lado, fomentar a cadea de valor da industria do sector audiovisual galego co obxectivo de mellorar a súa competitividade, o crecemento sustentable, o mantemento do emprego de calidade das empresas e por outro, situar Galicia como escenario de rodaxes audiovisuais de nivel internacional. O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase aos sete días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2025.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feder, Unión Europea, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)