Fuxan os Ventos e Milladoiro asinan un tema xuntos por vez primeira

A canción "Barqueiros de Ribadavia" formará parte do vindeiro disco de Fuxan os Ventos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Imaxe promocional do tema

Imaxe promocional do tema

Dúas das formacións máis importantes da música folk galega durante décadas veñen de unirse musicalmente por vez primeira para facer unha canción conxunta que entra xa na historia da nosa música. "Barqueiros de Ribadavia" é o tema que ven de unir a Fuxan os Ventos e Milladoiro. O tema esta composto polos integrantes de Milladoiro Manuel Riveiro Hermo e Xosé Vicente Ferreirós xunto con Ramón Díaz Novo e forma parte dunha serie de cancións que o grupo Fuxan os Ventos sacará á luz durante os próximos meses e no que estarán algúns temas que formaron parte da exposición dedicada aos 50 anos de historia da formación. As dúas históricas agrupacións, nacidas na década dos 70, compartiron espazos musicais e compromiso coa recuperación da tradición musical galega pero é agora cando, por primeira vez, colaboran nunha canción. O tema xa se pode atopar en diversas plataformas dixitais.

Que che parece esta nova?
125 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Ventos do pobo (II)

Ventos do pobo (II)

Nos 50 anos de Fuxan os Ventos que agora conmemoramos, houbo etapas de mudanzas, evolucións e longos silencios. Cada unha delas ten a súa historia no marco da traxectoria da emblemática formación que segue en activo hoxe en día con vixencia e coherencia.

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fuxan os ventos, Milladoiro, Ribadavia, Manuel Riveiro...

Claves

Entidades
Conceptos