Calquera que se teña reunido co deseñador Pepe Barro terá visto os seus cadernos despregados sobre a mesa da xuntanza. Neles, Barro vai presentando os proxectos os seus clientes, facendo evolucionar as ideas conforme avanzaban as discusións. Este sinal de identidade profesional do que é un dos deseñadores máis influentes da contemporaneidade galega está agora, literalmente, ao alcance da man dos curiosos na exposición A cociña de Barro, que acolle a fundación DIDAC (Santiago de Compostela) ata o 22 de decembro de 2023.
Cos cuadernos despregados nas mesas, o visitante pode adentrarse coas súas mans na mente creativa de quen é un dos deseñadores máis influíntes de Galicia e responsable da modernización da imaxe corporativa de numerosas institucións e marcas. Pedímoslle a Pepe Barro que seleccionara cinco páxinas dos seus cadernos e nos explicara o proceso que animou esas imaxes.
Barro leva gardando os seus cadernos desde o ano 93, cando comezou a sistematizar en libretas o seu proceso creativo. Folla tras folla, os visitantes manipulan as páxinas para observar os avances dun proceso visual. "Se cadra este non sexa a concepción máis didáctica de mostra, pero estou comprobando que á xente lle gusta pararse a ver os procesos. Tamén vexo moitas ideas que ficaron arrombadas, que reaparecen ao longo dos anos e acaban formando parte doutro proxecto".
Preguntámoslle a Barro se bota a vista atrás nos seus cadernos para observar a súa evolución. "Non o fago moito porque o traballo do día a día é cada vez máis rápido e non permite a reflexión. Pero vexo que hai moitos anos, cando tiñas máis tempo, estabas cun proxecto moito tempo e dábaslle moitas voltas. Agora que tes máis experiencia non precisas debullar polo miúdo un tema", explica Barro, que cumpre 50 anos de desempeño profesional, desde que se iniciou no deseño con dezasete anos.
Na exposición hai dúas pezas que puxen xuntas, que explican o antes e despois, e que foron encomendas do mesmo amigo, o biólogo Augusto de Castro. "No ano 73, un gravado en linóleo que fixen para o Grupo Ornitolóxico Galego (GOG), cunha fasquía un pouco pop e un lema derivado da política de aqueles anos: Polos paxaros galegos. Ao carón puxen un cartel que realicei cincuenta anos despois, conmemorando os 50 anos do GOG e da Sociedade Galega de Historia Natural. O cartaz fíxeno cunha fotografía que tomei dunha garza do esteiro do Eume un día no que a brétema enchía todo. Entre os dous carteis hai unha diferencia de tecnoloxía clara e tamén unha diferencia conceptual". Barro afirma que é precisamente a tecnoloxía un dos elementos que máis cambiou neste tempo: "A tecnoloxía foi un salto cualitativo, pero tamén moita máis responsabilidade, porque pasamos a controlar os procesos moito máis, e a preocuparnos máis polos acabados", explica, "eu entrei en contacto cos ordenadores en 1987, cando deseñamos o Diario de Galicia, que creo que foi o primeiro xornal feito con Macintosh en toda España".
Na mostra tamén se aprecia outro dos sinais de identidade de Pepe Barro, a indagación histórica na identidade visual de Galicia. "Os historiadores rara vez prestan atención ás imaxes, pero eu sempre dixen que cumpría buscar elementos. Ás veces por querencia, e ás veces tamén por acaso fun localizando elementos. Noutra das miñas facetas, vinculado ao deseño de exposicións, moitas veces buscaba con que encarnar as ideas que os promotores ou os comisarios querían expresar". Barro é renuente a falar da súa evolución propia, senón máis ben do que fica. "Despois destes cincuenta anos, o que permanece é a vontade de servizo e de compromiso do deseñador". E que sexa así por moito tempo.
A SELECCIÓN DE PEPE BARRO
1- 2002. Cartel para o Eixo Atlántico, proba de estado colada no caderno. Carmen Martín e Segundo Saavedra encomendáronos a peza no marco dunha exposición documental que realizaban para a institución. Eu propuxen realizar a medias o cartel cun colega portugués, o mestre João Machado. No Grupo Revisión desprazámonos ao Porto e dispuxemos co noso colega colocar no medio do cartel o gravado da ponte de Tui, que publicara La Ilustración Gallega y Asturiana o ano da inauguración da ponte. Logo dividimos en vertical o rectángulo e Joao realizou o lado esquerdo e nós o dereito. Cando estábamos a traballar chegou un cartón postal desde Monção. Anxo Varela enviaba un poema de João Verde: Vendo-os assim tão pertinho, / a Galiza mailo Minho, / são como dois namorados / que o rio traz separados /quasi desde o nascimento. / Deixal-os, pois, namorar / já que os paes para casar / lhes não dão consentimento.
2- 2005. A Consellería de Cultura e Deporte de Ánxela Bugallo fíxonos a encomenda e coa conselleira acordamos que as cores da Selección Galega de Fútbol serían o azul e o branco. Velaquí o caderno de peto onde xurdiron os primeiros esbozos: a banda diagonal é o trazo máis característico da nosa bandeira, quizais único na vexiloloxía. Pero nas camisetas de fútbol do mundo, a banda aparecía nalgúns clubs e aínda nalgunha selección. A repetición pautada da oblicua foi a nosa proposta, texturizando tamén bufandas e outras superficies como autobuses. A idea base estendeuse tamén en 2006 ao equipo ciclista Xacobeo e aínda á selección de baloncesto e outras.
3- 2008. En 1990 no Grupo Revisión Deseño realizáramos a identidade da Universidade da Coruña, pero dezaoito anos despois, en 2008, chamáronos de novo. A Universidade percibíase agora como unha institución dinámica e valorábase a súa mocidade como un valor fronte ás universidades máis que centenarias. O lema latino que nós propuxéramos no primeiro símbolo, Hac luce: Con estas luces caeu de primeiras. Só nos quedou traballar o campo ovalado, estilizalo, e simplificar as luces que xorden do faro, desde o distante punto do horizonte.
4- 2015. Velaquí unha idealización do que logo sería o cuarto A rosa de cen follas, da Casa de Rosalía. Aquel ano realizouse a planta baixa, os cartos non daban para máis, pero en 2017 puiden concluír a renovación total da Casa Museo, cun novo discurso museolóxico e museográfico. O proxecto inclúe facetas anteriormente esvaídas da personalidade da autora, exhibe pezas de arte e moblaxe orixinal da familia, integrando no discurso pezas audiovisuais concibidas a propósito.
5- 2019. Nos meus cadernos hai moitos esbozos de deseño editorial. En 1977 deseñei A Nosa Terra, semanario en formato tabloide e impreso en rotativa; en 1987 o Diario de Galicia, unha experiencia de xornal presentado en catro caderniños temáticos; en 1996 fixen a revista Tempos Novos, refeita dez anos despois; redeseñei tamén o semanario Sermos Galiza e en 2019 desenvolvín Nós diario e o seu suplemento semanal, os esbozos aquí reproducidos tentan desenvolver ideas para a última páxina e a sección de opinión deste xornal.