Desde o 14 de outubro ao 13 de xaneiro, a Sala Normal, da Universidade da Coruña amosa na Cidade Herculina unha orixinal exposición. A Galicia Deseñada amosa unha particular visión sobre o noso país a través de logos e marcas que quere reivindicar este patrimonio visual da nosa sociedade e dalo a coñecer a novos públicos.
O proxecto que abriu as súas portas o pasado 14 de outubro xorde de dous anos de investigación e "pretende ofrecer unha panorámica da evolución no deseño de símbolos, marcas e identidades gráficas galegas a un público non especialista, a partir dun cento de exemplos seleccionados en base a súa calidade e relevancia, e estruturados ao redor de tres etapas históricas: Antecedentes, S.XX e S.XXI", segundo explica a propia presentación da mostra.
O descoñecemento do deseño
Suso Vázquez Gómez e Cibrán Rico López, do estudio Desescribir, e mais Marcos Dopico, profesor na Facultade de Belas Artes en Pontevedra, comisarían esta proposta que se desenvolve en colaboración co estudo de arquitectura Cenlitrosmetrocadrado. Nado a partir do interese persoal dos promotores pola historia do deseño no noso país, "o proxecto botou a andar por varios obxectivos", explica Vázquez. E é que, para os tres comisarios, "de entre todas as profesións contemporáneas, o deseño quizais sexa unha das que mellor represente o zeitgeist do momento actual". "Por unha banda a iniciativa partiu da experiencia como profesores que temos tanto en Desescribir como Marcos Dopico na docencia na Universidade de Vigo", lembra. "Vimos que había un descoñecemento fondo da historia do deseño galego, unha eiva importante a nivel social, que é especialmente grave porque a disciplina, nos anos 30 e 40 contou con xente que fixo un traballo excepcional que cómpre coñecer e poñer en valor".
Historia en logos
Aínda que nun primeiro momento o equipo centrouse nesa época "vimos que o proxecto tiña que se ampliar a un abano máis amplo que tamén tocase antecedentes do deseño e atender a contemporaneidade, con vistas a facer un relato continuo da historia do deseño en Galicia". Dentro de todo os ámbitos que aborda o deseño, a exposición especialízase nun aspecto concreto. "Decidimos centrarmos nos logos porque tiñan máis que ver con esa parte do deseño que queriamos pór en valor. As marcas e os logos espertan moita empatía na sociedade, existe unha memoria gráfica de símbolos que todo o mundo coñece", salienta o comisario. "Os símbolos teñen a capacidade de ser testemuños do momento no que se crean. Desde o noso punto de vista son patrimonio, paisaxe e territorio, aínda que creados desde unha perspectiva funcional e de comunicación, falan do seu tempo, aínda que en moitos casos non se viron deste xeito". A mostra que agora se pode ver na sala Normal "está organizada en 5 períodos históricos, pero tentamos crear un relato coherente e establecemos elementos de continuidade entre os mesmos. Deste xeito, hai símbolos que se repiten con referentes rexistros formais", apunta Vázquez. No fondo, "está en común unha idea xenérica de símbolo que porta un significado e que se emprega en diferentes momentos históricos para trasladar ese sentido. Non é casual que a mostra comece cunha vieira e remate tamén cunha vieira".
Antes do deseño
Deste xeito, "temos claro que todo o que facemos está construído sobre o que se fixo antes, e en particular o deseño non se pode facer doutro xeito, aínda que leve consigo a idea de innovación e de inventiva. Entón parecíanos importante amosar o que se fixo antes. Para esta parte, previa ao deseño industrial, contamos coa colaboración de Pepe Barro, que un dos principais divulgadores da disciplina en Galicia. Quixemos que nesa parte fose el o responsable de definila e concretala". Neste ámbito poden atoparse "cousas curiosas como as marcas dos mariñeiros que compilou a asociación Anabam da Guarda. Temos o asento dunha barca cunha marcas preciosas e cheas de significados. Pode verse unha vieira debuxada por Castelao canda a outra que aparece nunha moeda dos Reis Católicos acuñada na Coruña ou varios exemplos bibliográficos onde tamén se atopa este símbolo". O mesmo acontece coa cruz de Santiago. Penso que moita xente vai se sorprender con pezas pouco coñecidas que están presentes na mostra".
O deseño industrial
En total, cen pezas percorren esta historia do deseño de logos e marcas. "Podiamos ter tres veces máis, foi difícil dar cun número concreto. Tentamos pensar como se podería facilitar ver a continuidade na mostra sen ser excesivos. Se xuntas moitas cousas é máis difícil facer unha lectura coherente e comprensible, entón no canto de acumular parecía máis interesante facer esa lectura de selección cunha motivación concreta", explica Vázquez. Segundo apunta a información da mostra, marcas de canteiros, monogramas persoais ou heráldica aparecen tamén como exemplos destes símbolos anteriores ao deseño industrial, que chegou ao noso país a comezos do século XX vencellado á industria do mar. Dentro dos períodos máis recentes, a mostra achega exemplos do traballo de Álvaro Cebreiro, Luís Seoane, Díaz Pardo, Pepe Barro, Xosé María Torné, Xosé Díaz, Alberte Permuy ou Uqui Permui entre outros nomes.
Continuidade e influencias
Malia a que a mostra incide nesas correntes de continuidade no deseño realizado no país, este traballo estivo tamén moi conectado con influencias foráneas, aínda que non sempre coa mesma forza. "No contemporáneo sobre todo, pero tamén antes, apréciase a pegada exterior. Hai un logotipo de Seoane que amosa como estaba ao tanto de todas as tendencias artísticas da súa época. É certo que logo do período da Autarquía, no primeiro franquismo, moitas tendencias do deseño chegaron con atraso, a partir dos anos 70 e 80 vese claramente a influencia en Galicia das propostas que se facían en Europa e no mundo".
Logos e obxectos
De cara á reprodución dos logos, o proxecto apostou por amosar os deseños unificados graficamente cuns mesmos parámetros, a branco e negro, en gráficas de gran formato. "O xeito no que se reproduciron inicialmente pode responder a unha cuestión temporal que tamén pode dificultar unha lectura conxunta co resto dos grafismos. Entón apostamos por establecer estas lecturas representadas co mesmo criterio visual. Non os mudamos, é só unha decisión para establecer unha linguaxe coherente, unificalos e amosalos de xeito conxunto. No deseño expositivo poden verse de maneira continua no espazo e facer un camiño, unha descuberta". Canda a estas reproducións "algo importante que quixemos introducir nesta mostra son os exemplos de gráfica aplicada. Moitas veces nas exposicións de deseño só se ven as pezas como rexistros gráficos illados. Nós quixemos complementar iso coa gráfica aplicada, de xeito que incidimos na idea de que o deseño é o obxecto real no que se aplica e que ten materialidade".
Pezas
Boa parte das pezas deste tipo que se amosan saen da propia colección dos promotores da exposición. A esta súmanse materiais doutros legados como o de Isaac Díaz Pardo conservada na Biblioteca de Galicia. "Atopamos o debuxo dun anuncio de Camilo Díaz Baliño para un medicamento de Laboratorios Bescansa, de Compostela, o antimareos Mareosan. É un dos primeiros rexistros dun debuxo para un logotipo profesional que se fixo en Galicia, algo moi pouco coñecido que nos fai moita ilusión amosar ao público. Tamén conseguimos uns catálogos da empresa dos ferreiros da familia Malindre, unha fundición que estivo activa en Ourense ata os anos 70 do século pasado, que son unha fermosura e moi poucos coñecidos. En xeral estamos convencidos de que haberá moitas pezas que sorprenderán á xente.
Un recoñecemento pendente
Encol da valoración do deseño como patrimonio, Suso considera que "como con todo o patrimonio, a sensación é que está pouco protexido. Comeza a haber iniciativas neste camiño, cando alguén descobre cousas novas fai por dalas a coñecer, e a Asociación Galega de Deseño está a desenvolver un labor moi importante. Tamén hai outros colectivos e propostas individuais que apostan por ese traballo de posta en valor. Por exemplo no Museo Massó de Bueu están a facer un labor moi importante. Tamén Manuel Aldara nos achegou un catálogo feito por Federico Rivas para a conserveira en 1924 que é unha peza incrible. Comeza a haber cousas, pero en xeral estamos aínda nunha fase moi inicial" dese recoñecemento do deseño como patrimonio. "A vontade da exposición é contribuír e dar coñecer, que é o mellor xeito de pór en valor e iniciar camiños neste sentido".
Deseño ao futuro
"Este percorrido permítenos tamén mirar cara ao futuro. A construción de marcas territoriais no transcurso das últimas dúas décadas supón unha importante vía de investigación no ámbito do deseño", explica a presentación da mostra. Así, apunta á idea de marca-país, co "paradoxo de diferenciar con cuestións locais co obxectivo dunha proxección global" e coa adopción por parte das administracións públicas de estratexias empresariais para "vender" estas marcas. De cara ao futuro, segundo sinala Suso "temos a vontade de seguir o proxecto con outros ámbitos como o deseño editorial ou o de carteis".
Galería de logos de A Galicia Deseñada