O gravador, escultor e pintor brigantino Jesús Núñez finou o pasado venres aos 96 anos da idade. O artista foi o fundador do Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos, albergado na súa casa natal no centro histórico de Betanzos, un espazo de formación e referencia para as artes gráficas e visuais, do que participaban numerosos estudantes no ámbito galego, estatal e internacional. O concello de Betanzos decretou o sábado dous dÃas de loito oficial. O artista morre sen estar pechado o proceso de venta do inmoble e da colección do CIEC ao concello, como era o seu desexo. A institución municipal xa contaba con valoracións económicas tanto da obra artÃstica como do edificio, pero as tramitacións continuaban en curso. Núñez tivo unha dilatada traxectoria artÃstica, con formación en Madrid, BerlÃn e ParÃs, destacando na creación artÃstica en múltiples soportes como a pintura, a escultora, o tapiz, a ouriverÃa e o muralismo".