O Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos abordará novos proxectos logo da sinatura dun convenio cos Deputación da Coruña. Mediante o acordo asinado onte a institución comprométese a aportar vintedous millóns de pesetas ó programa de actividades e a obras de mellora do centro. E a estampa galega tamén afirma hoxe o seu carácter internacional mediante a exposición de libros ilustrados con estampas que editorial RaÃña Lupa realiza dentro do mes da estampa en ParÃs.
Centro Internacional
O Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos podrÃa pasar a mans públicas de aceptar a oferta que Jesús Núñez, presidente da Fundación que xestiona o centro, realizou ás administracións. Núñez está disposto a ceder un 50% da propiedade do inmoble da Fundación, da súa propiedade, á Deputación da Coruña, a Xunta ou o Concello. Con esta oferta, o presidente pretente garantir a continuación do centro que e contar nun prazo breve coa "colección máis importante de España de arte gráfica". Núñez asegurou onte que a Xunta xa se amosou interesada no proxecto e realizará unha taxación do edificio.
Actividades
Meidante o convenino asinado onte, a Deputación da Coruña aportará ó CIEC vintedous millóns de pesetas, dos que dez se destinarán a realizar obras de acondicionamento do centro, outros doce dedicaranse a financiar o programa de actividades do CIEC. Estas actividades, centradas fundamentalmente na formación de artistas, incluirán cursos de gravado, conferencias e exposicións e a edicións de libros, carpetas de artista e estampas, ademais de organizar visitas didácticas ó centro. En canto ás obras, está prevista a finalización da primeira fase no vindeiro mes de outubro. Con estas aportacións e a posibilidade da participación pública, o tenente alcalde de Betanzos, Antonio Lagares, sinalou que "Betanzos dá un paso máis para ser o centro de gravado máis importante de España e un dos máis destacados de Europa Occidental".
Estampa en ParÃs
A editorial franco-galaica "Raiña Lupa" presenta unha exposición de traballos galegos no mes da estampa que se está a celebrar en ParÃs. AsÃ, na mostra poden verse varios dos libros ilustrados con gravados que publicou esta editorial. Entre eles pode verse "Bruja", que inclue textos de Julio Cortázar e augafortes de Javier Pagola. Tamén se pode ver o volume "Aforismos" de LuÃs Seoane, o poema "Ara Solis" de Francisco Fernández Naval cun gravado de J. Ricard ou unha edición dos "Seis poemas galegos" de Lorca, iluminada por Josep Guinovart. A exposición poderá verse ata o vindeiro trece de xullo.