A Academia de Belas Artes nomea a Laxeiro para o Día das Artes Galegas de 2022

A entidade tamén nomea a Jesús Núñez Fernández como académico de honra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
José Otero Abeledo, "Laxeiro". Foto: Fundación Laxeiro

José Otero Abeledo, "Laxeiro". Foto: Fundación Laxeiro

A Real Academia Galega de Belas Artes nomeou este sábado ao pintor José Otero Abeledo, "Laxeiro" (Lalín, 1908 - Vigo, 1996), como figura homenaxeada para o Día das Artes Galegas 2022. Segundo a entidade, a figura de Laxeiro foi "decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX e a súa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo". A proposta foi elevada por académicos e suscrita por diferentes colectivos culturais de Galicia. Na mesma sesión, o plenario concedeu a Jesús Núñez Fernández (Betanzos, 1927) o título de académico de honra. Núñez creou en Betanzos o Centro Internacional da Estampa Contemporánea, un espazo referencial para esta técnica artística, e a súa obra está presente nos principais museos españois de arte contemporánea.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Belas Artes, Día das Artes Galegas, Betanzos...