A Fundación Centro Internacional da Estampa de Betanzos (CIEC) contará cun maior peso do Concello de Betanzos na súa xestión. Logo do falecemento de Jesús Núñez, creador desta entidade, este mes de xaneiro fÃxose público que no seu testamento, o artista legou ao consistorio a metade do edificio que alberga este espazo ademais das obras de arte da súa autorÃa, sobre todo pinturas e esculturas, que conservaba no seu domicilio. Canda a isto, o concello recibe ademais outro local propiedade de Núñez.
Segundo especifica Pedro Galileo, sobriño de Núñez e actual director do CIEC, a outra metade da sede, en cuxo edificio estaba tamén situado o domicilio de Núñez, quedara en mans da propia fundación por testamento de MarÃa Dolores Galilea, esposa do artista, ao seu falecemento. Do mesmo xeito, lembra que a obra gráfica do autor xa estaba en mans da Fundación.
"A intención de Jesús Núñez, ao igual que a de todos os que facemos parte do CIEC, é que este pase de ser unha fundación privada a unha pública", sinala Galileo. O creador do centro xa perseguira en vida este obxectivo con diferentes tentativas para que o Concello asumise o CIEC. Neste sentido reclamaba que o municipio mantivese a actividade do mesmo durante un mÃnimo de 20 anos.
De cara a conseguir este fin, Galileo sinala que agora a entidade deberá negociar co Concello. "Pódeselle ceder a outra metade da sede a cambio de que manteñan a fundación, o seu persoal e as súas actividades durante un perÃodo concreto", adianta. Canda a isto, sinala que a idea de Núñez coa cesión do seu domicilio podÃa ser a de facer unha casa museo dedicada a súa figura.
A cesión fai que o Concello teña que se implicar en maior medida no mantemento do edificio, que ata o de agora era responsabilidade da fundación. A cesión, no entanto, non implica unha maior presenza municipal no padroado da entidade, onde continuará a ocupar unicamente o posto reservado para a persoa que ocupe a alcaldÃa de Betanzos en cada momento.
Segundo sinala o director e vicepresidente da entidade, o vindeiro 31 de xaneiro celebrarase unha xuntanza do padroado do CIEC para analizar fórmulas de cara a outorgarlle ao Concello un maior peso na xestión da Fundación.