A organización do festival Galicreques, que abre este 7 de outubro as súas portas en Santiago de Compostela, outorgoulle o Premio de Honra do evento a Carlos Clemente MartÃnez. Clemente, propietario da Sala Gurugú e fundador de Danthea Teatro, recibirá este recoñecemento o vindeiro domingo 15 no Teatro Principal da capital galega.
O premio, que recoñece o traballo "dunha persoa, dunha compañÃa ou dunha institución a prol do sector escénico" valora "o labor ao longo de 40 anos de oficio de Carlos Clemente MartÃnez, asà como o seu compromiso a favor das artes escénicas en xeral e do teatro de monicreques en particular".
Segundo salienta a asociación Barriga Verde, organizadora do festival, o galardoado "forma parte dunha xeración que lle volveu dar vida ao xénero dos bonecos no inicio dos anos oitenta do pasado século. Destaca na súa implicación co sector escénico a súa participación na fundación primeiro da Asociación de Titiriteiros Galegos e de UNIMA Galiza despois, asà como a apertura e o mantemento da Sala Gurugú ou a creación da compañÃa Danthea Teatro en 1982".
A Sala Gurugú acollerá a partir deste domingo 8 a programación extendida do festival na cidade da Coruña, a contar con compañÃas colombianas, arxentinas, murcianas e chilenas.