Os realizadores galegos dan o seu Premio CREA de Honra a tres festivais audiovisuais

O Festival de Cans, o Play Doc de Tui e o Curtocircuíto comparte o galardón cando fan vinte anos de actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Os realizadores galegos dan o seu Premio CREA de Honra a tres festivais audiovisuais

CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización ven de outorgar o seu Premio de Honra engadindo un carácter conmemorativo ao galardón que supón un recoñecemento de achegas e traxectorias. Deste xeito o premio, meramente honorífico, repartese este ano ex aequo entre tres festivais que fai 20 anos celebraron a súa primeira edición e hoxe seguen con puxanza manténdose en actividade e como referentes do mundo audiovisual: o Festival de Cans, o Play Doc de Tui e o Curtocircuíto - International Film Festival de Santiago de Compostela. Esta é a primeira ocasión que este premio dos realizadores galegos recae en festivais. Co galardón, CREA recoñece "o enorme traballo ao longo de 20 anos, apoiando sempre aos cineastas de Galicia e converténdose en citas de referencia para o audiovisual galego" destes tres eventos.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Festival de Cans, Tui, Santiago de Compostela