Morre Xosé Soto, fundador do Ecomuseo de Arxeriz

Morreu en Madrid o 1 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O escritor e intelectual Xosé Soto de Fión, creador da Fundación Xosé Soto de Fión, morreu en Madrid o pasado 1 de outubro aos 85 anos de idade. Soto formouse en universidades de varios países, como desempeñara unha importante actividade política e cultural ao longo da súa vida. Participou co ballet Rey de Viana nos anos 60 e 70 e mantivo contacto, na súa etapa universitaria en Madrid, co grupo Brais Pinto. Soto participou do ambiente político antifranquista e na transición. No ano 1996 creou a fundación "Xosé Foto de Fión", no pazo de Arxeriz, para promover a cultura e a preservación da memoria e do medio. Hoxe o pazo de Arxeriz é unha das referencias culturais da Ribeira Sacra, cun importante museo etnográfico e as continuas intervencións arqueolóxicas no castro homónico, que se atopa na mesma finca. Á Fundación tamén pertence o castelo de Doiras, en Cervantes. Soto foi tamén poeta, ensaísta e novelista, sobre todo desde finais dos 90.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Castelo, Ribeira Sacra, Cervantes

Claves

Conceptos