O castro de Arxeriz volverá ser escavado en 2023

A campaña consolidará graneiros e vivendas xa exhumadas e abrirá novos espazos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O castro de Arxeriz

O castro de Arxeriz

O castro de Arxeriz, propiedade da Fundación Xosé Soto de Fión (O Saviñao) volverá ser escavado en 2023, logo das últimas intervencións nas que se construíron, no exterior do poboado, réplicas de vivendas da fortificación. Para a nova campaña, a Deputación de Lugo concedeu á Fundación Xosé Soto unha subvención de 39.000 euros. Con ela consolidaranse varias estruturas xa exhumadas previamente no castro, como graneiros e vivendas, e abriranse novas sondaxes en estruturas das que aínda non se determinou a súa función.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo

Claves

Lugares