A nova intervención no castro de Arxeriz revela tres graneiros máis

A croa do castro concentra unha gran cantidade de edificións para preservar gran

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Croa do castro de Arxeriz.

Croa do castro de Arxeriz.

Rematou a nova campaña na castro de Arxeriz, situado dentro dos terreos do Ecomuseo Pazo de Arxeriz (O Saviñao), e que leva sendo obxecto de intervencións desde hai dez anos. A nova campaña centrouse en tarefas de restauración, pero tamén incluiu a escavación de estruturas que xa foran parcialmente descubertas na campaña anteror, co resultado de identificar tres graneiros máis que se suman aos sete existentes e xa localizados. Revélase deste xeito a importante especialización da croa deste xacemento no almacenamento de gran contra finais da Idade do Ferro, entre os séculos II e I a.C. A intervención tamén incluíu a restauración de tres vivendas e dous fogares escavados en campañas previas. Na cultura material, a intervención, realizada pola empresa Terra Arqueos, recuperou unha fíbula de bronce e a asa dun caldeiro tamén de bronce, xunto con cerámica , un forno e muíños de pedra.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

De caldeiro a tesouro

De caldeiro a tesouro

O achado dun caldeiro de bronce no castro de Besomaño confirma as hipóteses sobre a orixe da cerámica

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Muíños

Claves

Conceptos
Lugares