A nova campaña de escavacións arqueolóxicas no castro de Sáa (A Pastoriza) está ofrecendo interesantes achados que permiten documentar diferentes momentos do castro. Onte a empresa AXA ArqueoloxÃa, que está desenvolvendo a intervención financiada polo concello, informou da localización dun gran "forno de cocción de alimentos". O achado produciuse ao escavar a terceira estancia dun edificio que xa comezara a ser escavado en campañas anteriores, cando nun dos esquinais apareceu unha "curvatura con inclinación a modo de peche en falsa bóveda". O feito de que foran atopados tamén alà numerosos muÃños de pedra leva aos arqueólogos a considerar que se trata dun "forno de cocción de alimentos" integrado na estrutura da vivenda. Ademais, o 9 de xuño o equipo daba conta da aparición dun machado de talón con aneis, excepcionalmente ben conservado, "no derrube do paramento interior da muralla defensiva". Este tipo de artefactos eran producidos en épocas anteriores ao momento no que o castro de Sáa foi máis densamente ocupado.
Estancia con falsa bóveda. Foto: AXA ArqueoloxÃa
Estancia con falsa bóveda. Foto: AXA ArqueoloxÃa