
Pola súa banda, a rehabilitación da antiga casa reitoral de Santa MarÃa de Olives (A Estrada), realizada por r.v.r. arquitectos, recibiu un accésit de 1.500 euros.Segundo explicou, a "intervención pon en valor unha casa grande de pedra e a súa contorna de muros e instalacións complementarias. É de destacar o esforzo en recuperar cada elemento patrimonial e darlle un lugar axeitado dentro dos novos usos que se piden á edificación. Tamén hai que resaltar a combinación dos elementos patrimoniais e un xardÃn no que os espazos abertos e os elementos vexetais reforzan a posición e o valor do edificio".
O xurado estivo composto composto por Gonzalo Byrne como presidente e Isabel Aguirre de Urcola como secretaria, e Joao Nunes, Enrique Sáez Ponte, Francisco Leiro, Fátima Braña, Covadonga Carrasco e Marilar Aleixandre como vocais.