Á beira do Río Miño, no concello do Saviñao, desenvólvese unha curiosa iniciativa de recuperación ambiental e cultural. Partindo de capital privado, a Fundación Xosé Soto de Fión traballa desde o ano 1999 coma un exemplo das posibilidades do patrimonio rural.
O máis habitual no noso país é que os pazos recuperados en mans privadas acaben dedicados a fins residenciais ou hostaleiros. No entanto, en Arxeriz, parroquia do Saviñao, a Fundación Xosé Soto de Fión buscoulle un uso ben diferente para un destes edificios. O ecomuseo Pazo de Arxeriz, en marcha desde 2003, é un caso singular de recuperación patrimonial. Segundo explica José Antonio Quiroga, director deste centro, nace porque había un pazo que tivo un comezo de restauración entre o 93 e o 96 por parte dunha escola taller. Ao rematar aquel traballo, quedou unha parte sen rehabilitar, e entón comezou a pensarse qué se podía facer con el. Naquel momento, o propietario, Xosé Soto, accede a idea de pór en marcha unha fundación que rematase a recuperación do pazo e servise coma elemento de dinamización cultural na zona. Unha das peculiaridades desta iniciativa é o feito de ser unha iniciativa totalmente privada. Dáse a sorte de que o propietario do pazo ten sensibilidade e compromiso co país abondos como para lle dedicar este espazo á cultura galega, explica Quiroga. Xosé Soto Rodríguez é o soporte fundamental do proxecto, que conta con pequenas axudas públicas para diferentes iniciativas.
Centro de interpretación
Durante varios anos debateuse qué utilidade se lle podía dar a este ben, e logo de desbotar outras ideas centrámonos en crear o ecomuseo e nos contidos etnográficos, explica Quiroga. Finalmente, en 2003 abría as súas portas esta instalación, centrada en explicar o contorno tanto desde un punto de vista natural coma cultural, ao xeito dun auténtico centro de intrepretación do seu contorno. O pazo de Arxeriz acolle desde aquela diferentes mostras explican, a paisaxe, os traballos da viticultura (de grande importancia na comarca), os oficios tradicionais, ou o destacado patrimonio románico que se atopa no contorno están representados nun museo que, alén do propio edificio do pazo, aproveita a finca anexa de 25 hectáreas para amosar traballos do campo e bosques propios da zona. A nivel etnográfico, o espazo recupera diferentes embarcacións típicas do río, ferramentas do agro e elementos propios da viticultura tradicional entre moitas outras pezas. En total hai arredor de 125 expostas e outras tantas en almacén, lembra Quiroga, quen foi o responsable de recuperar e preparar a práctica totalidade das mesmas.
A implicación local
A fundación, malia a ser pouca coñecida e da súa situación nunha área rural, acada numerosas visitas. A maior parte dos asistentes son xente que vén ás casas de turismo rural da Ribeira Sacra, explica Quiroga, que acha en falta unha maior implicación dos veciños co proxecto. Hai opinións moi variopintas. En moitos casos os veciños veno coma un elemento positivo porque dá a coñecer o nome da parroquia, e iso sempre incrementa a autoestima. Pero como acontece moitas veces, a inicativa vese máis recoñecida fóra do que na casa. Dun xeito ou doutro, a fundación procura implicarse coa comunidade local. Hai oito ou nove anos que vimos colaborando coa asociación que promove o Entroido Ribeirao, que agora xa se pode dicir que está consolidado. De feito todos os anos veñen ata o museo no Domingo Lambedoiro, explica o director do museo. De xeito semellante, o proxecto mantén contactos informais coas empresas vinícolas da zona e quere colaborar coa Igrexa para establecer rutas turísticas no contorno. Cumpría que algunha adega tivese un programa de apertura ao público. Estamos a pensar tamén en establecer un convenio coa Igrexa para facer una pequena ruta polas igrexas románicas desta área, comprobamos que é algo moi demandado e que hai dificultade para acceder a estes monumentos, conclúe.
Os proxectos
De cara ao futuro inmediato, a Fundación enfróntase ao desafío de ampliar os seus espazos de exposición. Queremos abrir unha sala dedicada ao río e outra centrada na agricultura. Temos moito material e mesmo se poderá ver un forno de dúas bocas que é moi curioso. Ao tempo estamos a facer unha catalogación bastante exhaustiva do patrimonio do Saviñao e Chantada. Hai moitos proxectos, pero precisan de respaldo económico.