Recrean en Arxeriz unha das unidades familiares do castro

Todos os materiais da construción proceden da propia finca

18/7/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Aspecto das cabanas recreadas.

A Fundación Xosé Soto de Fión está a promover no Ecomuseo de Arxeriz a recuperación do castro que se atopa situado no interior da finca do pazo. Ademais das escavacións, este ano está a recrear nas proximidades do xacemento arqueolóxico unha "unidade familiar" das localizadas no interior do castro. Nunha área de 300 metros cadrados, a recreación inclúe unha "casa, almacén, patio de traballo, celeiro e restos doutra construción dun nivel de ocupación máis antigo", sinalou o director da fundación, José Antonio Quiroga, a La Voz de Galcia. En vindeiras fases, as estruturas cubriranse con colmo e se incluirán elementos de ambientación e de panelística informativa. O obxectivo é que a recreación sexa visitada antes ou despois da visita ao xacemento da Idade do Ferro como elemento complementario. A recreación do celeiro será a primeira realizada en Galicia a partir do achado destas novas estruturas da Idade do Ferro que só comezaron a ser identificadas nas escavacións dos últimos anos. Os materiais de construción, como a pedra, a madeira ou o colmo, proceden da propia finca do pazo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Arqueoloxía

Claves