Mediante un comunicado emitido o pasado venres a directiva da Federación de Librarías de Galicia anunciou aos seu 147 establecementos asociados a súa intención de adiantar as eleccións a novembro deste ano, con case dous anos de avance respecto ao mandato establecido. Asemade o actual equipo directivo anima ás librarías asociadas a presentar as súas candidaturas, para garantir un refresco que consideran "convinte". O adianto das eleccións, segundo informan desde a Federación, ven motivado polo "desgaste e cansazo que estes dous anos e medio de intenso traballo supuxeron para o actual equipo directivo", desde a xunta directiva saínte expresan a súa "absoluta confianza en que a nova etapa estará capitaneada por compañeiros capaces de marcar un bo ritmo nas melloras xa encauzadas", entre as que sinalan a mellora do financiamento, a xestión directa das Feiras do Libro de Galicia, a redución do crédito, a renovación da imaxe da entidade e a mellora das relacións institucionais, "emprendendo o camiño para novas e mellores colaboracións tanto dentro coma fora do sector editorial e libreiro", aseguran.
A candidatura actual que gañou as eleccións dentro da entidade en abril de 2021, presentábase como opción "alternativa" promovida desde quince librarías de diferentes localidades do país. Ramón Domínguez, da libraría coruñesa Formatos, ostentaba a presidencia cunha directiva da que tamén formaban parte Cielo Fernández da libraría Baía de Foz, Carlos Blanco da libraría Nobel, Paula Veira de Lume, ambas as na Coruña, e mais Sandra Senda de Libros para Soñar, de Vigo. No comunicado enviado aos asociados lembran que para sacar adiante a súa xestión estes anos non contaron con axuda da Xunta Directiva anterior e sinalan a súa decisión de non presentarse, ningún dos actuais dirixentes, nas vindeiras eleccións. Consideran o momento actual coma un cambio de ciclo e animan a presentarse un novo equipo que poida garantir "o avance nas melloras na transparencia e a oxixenación da entidade, acadadas tras dous anos e medio de traballo conxunto". Lembran desde a Xunta Directiva en funcións, que durante este tempo de xestión que eles cubriron logrouse "mellorar as contas de resultado, encauzar a sinatura de importantes convenios, garantir a transparencia informativa cos socios en todos os aspectos, mellorar a imaxe da entidade e posicionala dentro do panorama informativo cultural de Galicia".