A Federación de Librarías muda a súa directiva

Ramón Domínguez encabezou a candidatura alternativa e presidirá á entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A candidatura alternativa que promoveran quince librarías de diferentes localidades do país impúxose nas eleccións para presidir a Federación Galega de Librarías. Ramón Domínguez, da libraría coruñesa Formatos, será o novo presidente cunha directiva da que tamén fan parte Cielo Fernández da libraría Baía de Foz, Carlos Blanco da libraría Nobel, Paula Veira de Lume, ambas as na Coruña, e mais Sandra Senda de Libros para Soñar, de Vigo.

A candidatura, segundo recolle Europa Press, considera que o sector está un momento ilusionante e aposta pola formación do persoal das librarías. Aspectos tecnolóxicos, de comunicación, comercio electrónico e redes sociais aparecen para el como elementos fundamentais para a transformación destes establecementos. Canda a isto, a directiva incidirá no traballo coas administracións para desenvolver ferramentas útiles para o futuro do sector e mais con conxunto do sector do libro para traballar de xeito continuado.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Domínguez, Carlos Blanco, Nobel, Vigo...

Claves

Conceptos