O simposio anual das editoriais analiza a comercialización do libro

Celebrarase este mércores e contará coas experiencias de varias librarías

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O simposio anual das editoriais analiza a comercialización do libro

Analizar a visibilidade do libro galego nas librarías e as estratexias de comercialización é o obxectivo que centrará o 'XXI simposio O libro e a lectura' que organiza neste mes de setembro a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia. A biblioteca do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, acolle este mércores 18 de setembro este acto profesional de análise e diagnose do libro galego nas librarías de Galicia. Será nun encontro dirixido principalmente a persoal das editoriais e librarías, máis aberto ao público ata completar aforo, nunha única sesión de mañá. Neste encontro profesional contarase con exemplos de estratexias de comercialización a cargo de Carlos Blanco, das librarías Nobel; Gexan Sors, das librarías Elkar; Àurea J. Perellò, das librarías Finestres e Mariña de Toro, da libraría Numax de Santiago.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Carlos Blanco, Nobel, Numax...