O sector do libro reclama á Xunta un plan de fomento da lectura

As asociacións de escritores, editoras e librarías levan a súa reclamación conxunta á reunión do Consello Asesor do Libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas CulturaisLingua
Compartir:

A Asociación Galega de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia uniron forzas hoxe nun chamamento conxunto á Xunta de Galicia, durante a reunión do Consello Asesor do Libro. Estes colectivos que representan ao sector solicitaron deste órgano convocado polo goberno autonómico que as decisións deste consello sexan consideradas vinculantes e que se leve a cabo a realización dunha diagnose da situación actual do sector do libro e da lectura en galego así como a presentación dun "verdadeiro, real e efectivo" Plan de Fomento da Lectura de Galicia e da lectura en galego.

Segundo fixeron público nun comunicado, para as tres asociacións o Plan de Fomento da Lectura debe pasar "inescusablemente" por recuperar a dotación económica das Bibliotecas públicas, por un apoio efectivo á internacionalización en diálogo continuo co sector, así como polo apoio ás librarías e ás creadoras e creadores e, entre outros aspectos, pola activación dunha potente campaña de promoción lectora, que involucre a amplos sectores e referentes sociais.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Escritores, Bibliotecas, Lingua galega...