O sector do libro uniuse para celebrar o DÃa do Libro o vindeiro 23 de xullo. Desta maneira, quere aproveitar o comezo das vacacións para recuperar unha conmemoración, a do 23 de abril, que tivo que ser suspendida, desde o punto de vista comercial, pola pandemia da COVID-19. Durante esa xornada, o público lector terá a oportunidade de gozar de múltiples actividades organizadas nas librarÃas e beneficiarse de ata un 10% de desconto pola compra de libros. A iniciativa estatal conta co apoio da Asociación galega de editoras (AGE), da federación de librarÃas e da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Con esta decisión o sector quere facer fronte aos efectos que a pandemia tivo no conxunto das empresas e tratar de reactivar as súas actividades nun contexto difÃcil. Ademais, dáse continuidade á campaña iniciada en redes sociais denominada denominada #TodoComezaNunhaLibrarÃa que se vén desenvolvendo desde o 1 de xuño e na que se quere poñer en valor a importancia das librarÃas dentro da cadea do libro. Tamén a propia Age ten en marcha a campaña Mergúllate. Le en Galego de promoción da lectura en galego coa colaboración da Xunta de Galicia.