Cinco asociacións do mundo editorial non asistirán á vindeira xuntanza do Consello Asesor do Libro

Consideran que as xuntanzas "non están a ser útiles para o sector"

Cinco entidades moi representativas do sector do libro decidiron prantar á Xunta na vindeira reunión do Consello Asesor do Libro, prevista para o 15 de xullo. Son a Asociación Galega de Editoras, AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Federación de Libreiros de Galicia e Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega (AELG). Nun comunicado emitido onte, as entidades consideran que "o desenvolvemento das xuntanzas deste Consello Asesor non está a ser útil para o noso sector, pois nelas non se vehiculan solucións ou saídas aos principais problemas que afectan ao mundo do libro galego". As entidades reivindican, con todo, a necesidade deste órgano para debater sobre o futuro do sector do libro.