17 entidades do ámbito cultural están a traballar nun documento de medidas para reducir o impacto do coronavirus no sector da cultura. Coordinadas pola Asociación de Xestores Culturais, o obxectivo é "a elaboración dunha proposta na que se demandan distintas medidas especÃficas dirixidas ao sector cultural polas consecuencias do COVID- 19". A semana pasada a asociación xa remitira un comunicado, remitido á Xunta e á Federación Estatal de Asociacións da Xestión Cultural nas que propuña a baixada do IVE cultural, o redeseño do Xacobeo para favorecer o sector cultural galego, axiliar o pagamento a proveedores e a creación dun bono cultural". Entre as entidades participantes neste grupo de traballo están a Academia Galega de Teatro (AGT), a Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG, aAsociación Galega Empresas Musicais, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, videoxogo.gal, a Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia, A Colectiva, Festivais de Galicia, Culturgal Feira Industrias Culturais, Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-, Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, Eganet, Escena Galega, Músicas Ao Vivo, a Plataforma de Afectadas polo Centro Coreografico Galego, e Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.