A xestión cultural galega reclama medidas concretas ante a crise

A asociación de profesionais do sector publica un documento con propostas para Xunta e Ministerio de Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Para alén da solicitude conxunta que está a desenvolver canda a outros colectivos profesionais do sector cultural galega, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural publicou no seu web un documento no que recolle propostas concretas para paliar o efectos da crise do coronavirus no mundo da cultura. Deste xeito, co título Propostas de accións específicas dirixidas ao sector cultural polas consecuencias co COVID -19 a entidade propón unha serie de medidas, en parte coincidentes coas da Federación Estatal de Asociacións de Xestores Culturais. Entre as específicas para o noso país, a xestión cultural galega reclama a suspensión de cotas a autónomos e axudas para este profesionais, unha reorientación do programa Xacobeo, a baixada do IVE Cultural, facilitar anticipos nas subvencións e axudas públicas ou, de xeito xeral, garantir o dereito á cultura. O documento está dispoñible no web do colectivo.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Asociacións, IVE, Covid...