Propostas galegas obteñen subvencións do Ministerio de Cultura

Sete colectivos distribúen 67.000 euros das axudas para a acción e a promoción cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Un total de sete propostas do noso país accederon á convocatoria de axudas para a acción e a promoción cultural para 2014 que convocou o Ministerio de Educación e Cultural. En total, as propostas distribuirán un total de 67.100 euros, sendo o Proxecto Barriga Verde, da Asociación Cultural Morreu o Demo, o que obtén unha maior contía desta liña de axudas, con 15.000 euros. Ségueno con 10.000 euros a plataforma Ith Crowdfunding da Fundación Uxío Novoneyra, a Galician Fashion Week, o proxecto Herm3TICa da asociación Alg-a e o Banco de boas prácticas para a xestión da cultura que propón a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

O Hangar da Asociación Manicómicos e mais o proxecto de divulgación sobre o Camiño portugués pola costa da Fundación Cume completan a listaxe de proxectos seleccionados, con 7.650 e 4.500 euros respectivamente. Como suplente para as axudas atópase, en sexto lugar, a iniciativa de investigación e xestión sustentable das tumbas pétreas mediavais que propón a Asociación Ouro do Sil.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cultura ben feita

A cultura ben feita

O Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural amosa novas tendencias na programación cultural do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Uxío Novoneyra, Educación, Demo...