A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) ven de solicitar das administración competentes en cultura unha serie de medidas dirixidas para tentar paliar as consecuencias da COVID-19 no sector. O colectivo de referencia para o sector da produción escénica profesional en Galicia, con 41 produtoras de teatro, danza e artes do movemento e novo circo asociada, trasladou á deputación Provincial da Coruña e á Xunta de Galicia cadanseu documento cunha baterÃa concreta de medidas a tomar nos seus ámbitos de decisión. O colectivo, que lembra que ata o 17 de febreiro por un mÃnimo de 3 semanas, Galicia atópase con todos os espazos e equipamentos culturais pechados, toma esta iniciativa ante a preocupación por como se desenvolverá o ano 2021 a nivel das dinámicas sectoriais, sufrindo os efectos económicos, sociais e profesionais da crise da Covid-19.
Escena Galega considera urxente a adopción de accións e medidas para paliar os efectos desta paralización da actividade, lembrando que xa nas semanas previas o sector escénico viviu unha situación intensa de suspensións e cancelacións de funcións, "o que reforza a nosa teorÃa de que o presente ano estará atravesado polos efectos da aÃnda gravÃsima crise sanitaria, e que son necesarias medidas e accións especÃficas a curto e medio prazo que aseguren a supervivencia do noso sector: das compañÃas, dos e das profesionais e dos creadores e creadoras", aseguran desde o colectivo.
Medidas concretas
No relativo ás demandas que os profesionais fan á Xunta de Galicia, dirixidas directamente á Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), son tres as accións que se propoñen que aseguren a viabilidade das compañÃas. Manteñen a necesidade, que xa se expresou desde o primeiro confinamento da adopción dunha polÃtica de adiamentos sen cancelación das funcións programadas e contratadas dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios e os circuÃtos promovidos pola Administración Autonómica. Escena Galega tamén demanda do goberno autonómico a convocatoria de axudas (xa sexa a través de AGADIC ou doutras consellarÃas) por lucro cesante ás compañÃas produtoras que deben poder complementarse con outras ás que xa se poden acoller certas estruturas profesionais como autónomos e autónomos societarios, e por suposto a prolongación dos ERTE. Esta petición continúa a liña traballada por Escena Galega dende o Estado de Alarma, sobre a necesidade transversal dunha liña de axudas para o sector centrada nos chamados gastos de estrutura. Escena Galega tamén solicita do goberno autonómico a adaptación ao contexto actual das iniciativas promovidas dentro da programación oficial do Xacobeo 2021-2022, nomeadamente o Fondo de Proxectos que se manexa dende a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, "do que consideramos que debe modificarse e aumentarse a nivel orzamentario para asegurar que o maior número de proxectos posibles sexan promovidos, ao mesmo tempo que o acceso a liquidez para desenvolvelos chegue de maneira máis rápida".
Da área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña o colectivo demanda dúas medidas especÃficas a respecto da programación escénica profesional que os Concellos da provincia promoven ao abeiro da Rede Cultural. Por unha banda a ampliación durante 1 mes máis, ata o 30 de abril, do prazo de programación de espectáculos con cargo ao orzamento da Rede Cultural do 2020. A asociación tamén pide ao ente provincial que asuma directamente e con cargo a ese mesmo orzamento a programación das funcións profesionais previstas e que non cheguen a programarse por parte dos concellos, se é o caso. O obxectivo desta proposta, explican, "é que ningunha función prevista se perda nin se traslade á programación con cargo ao orzamento de 2021, pois isto supón de facto unha perda de contratación".