Membros da AGPI na nova dirección e xestión dos ilustradores españois

Eleccións na Federación de Ilustradores

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Tres membros da Asociación Galega de Profesionais (AGPI) da Ilustración participan na nova directiva da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionales (FADIP). Son Manel Cráneo (como vocal da AGPI), que formará parte da Xunta Directiva, Fernando Esclusa, que levará a comunicación da Federación e Henrique Torreiro, que será o Xerente da nova etapa da Federación. A FADIP escolleu ao debuxante Max coma o seu novo presidente.

O reto máis importante de FADIP para a vindeira etapa será a creación do “Observatorio da Ilustración”, o fin do cal será “procesar e estudar a información sobre as prácticas contractuais e económicas no mercado da ilustración” e “pór en evidencia os abusos a ese respectivo que están levando a cabo algunas empresas e tamén destacar as que desenvolven boas prácticas”.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Manel Cráneo, Asociacións

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos