Falece Lhosca Arias, pioneiro da animación en Galicia

Foi responsable de proxectos como a serie de animación de O Carrabouxo

29/9/2023 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualnecrolóxicas
5 lecturas | Compartido 0 veces

Lhosca Arias. Fotografía de Víctor Barro. Fonte: Academia Galega do Audiovisual

O cineasta e desenvolvedor web Lhosca Arias, creador da primeira curtametraxe de animación feita en Galicia, faleceu esta semana. A Academia Galega do Audiovisual recollía nas súas redes sociais este 28 de setembro a nova da desaparición de Arias, orixinario de Monforte de Lemos.
Lumi. Historia de un impulso, que realizou como proxecto fin de carreira dos seus estudos da Escola de Imaxe e Son da Coruña, figura como a primeira produción de animación realizada no noso país. Arias continuou a súa carreira neste ámbito ata o 2000, e foi responsable en 2007 de realizar a serie de animación do Carrabouxo de Xosé Lois, con 26 capítulos dun minuto de duración.

O proxecto O visgo máxico e o anuncio publicitario The Layer's Show completan a súa filmografía neste campo. Con posterioridade reorientou a súa carreira profesional cara ao desnevolvemento web e a comunicación. Canda á Academia do Audiovisual, tamén o Festival de Cans amosou a súa mágoa polo falecemento de Arias, a lembrar que na cita se proxectaron varias das súas producións.

Universo culturagalega.gal