O impacto da IA nas industrias creativas a debate hoxe na Coruña

Coruña Gráfica e ASCEGA organizan a xornada "Intelixencias Artificiais versus Industrias Creativas"

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel da xornada

Cartel da xornada

A plataforma Coruña Gráfica, que agrupa a máis de 60 autores do sector da ilustración, xunto coa asociación xunto coa Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) organizan hoxe unha xornada aberta ao público sobre o impacto das ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) nas diferentes industrias creativas. Este debate de plena actualidade e interese a medida que vanse sucedendo novidades nas aplicacións que se dá a esta tecnoloxía nos eidos da industria cultural serán obxecto de debate hoxe, xoves 21 de setembro, ás 19:30 horas na sede de Ascega na Coruña (Rúa Antón Vilar Ponte, 11). Baixo o título "Intelixencias Artificiais versus Industrias Creativas" o autor e produtor Manel Craneo moderará unha mesa na que tomarán parte o escritor Xavier Alcalá, o debuxante Santy Gutiérrez, e o produtor e animador Tomás Conde, da produtora cinematográfica Algarabía Animación.

A xornada ten como obxectivo propor un debate construtivo sobre o que está a ocorrer e o xeito no que a IA e as ferramentas tecnolóxicas que dela derivan poden potenciar ou simplificar procesos de produción sen por iso botar a perder o valor dos traballos creativos en amplos sectores da industria cultural como a narrativa, a banda deseñada, a ilustración ou a animación entre outros moitos. O impacto sobre a valorización da intervención humana creativa e a ameaza sobre a supervivencia dos oficios creativos formarán parte do debate que está aberto ao público.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Animación, Xavier Alcalá, Santy Gutiérrez...