Un total de 97 de imaxes de grande formato a retratar artistas do país da man do fotógrafo Xulio Gil. Esta é a proposta da exposición Retratos dun tempo da plástica galega, que abría as súas portas estes 13 de setembro na sede de Afundación en Vigo. Producido pola Xunta de Galicia, o proxecto está comisariado por Xabier Limia e inclúe a realización dun catálogo no que colaboran fotógrafo e comisario.
Segundo explica a presentación do proxecto, no mesmo poden verse imaxes de Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Chelo Rodríguez, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Antón Patiño, Din Matamoro, Berta Cáccamo, Manuel Quintana Martelo, Ángeles Iglesias, Manolo Buciños, Colmeiro, Caruncho, Leopoldo Nóvoa, Elena Colmeiro, Pury del Palacio, Xaime Quessada, Antonio Quesada, Antón Pulido, Elena Gago, Ánxel Huete, Mingos Teixeira, Diego de Giráldez, Rosalía Pazó ou Yolanda Carbajales.
Segundo explica a presentación da iniciativa, Gil iniciou este proxecto en 1988 co gallo da exposición Antropolóxicas promovida por Enrique Acuña, e continuou coas fotografías para a colección Artistas Galegos dirixida por Antón Pulido. Desde aquela, o autor foi sumando imaxes de creadores do país a esta colección.