Un total de 57 pezas de vinte e seis artistas compoñen Soño de navegante, a nova aposta expositiva de Afundación. A sede en Vigo desta entidade abre na tarde deste 16 de xuño o proxecto, que realiza unha escolma da máis de 600 obras que compoñen a a Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez da man de Juan Carlos Moya Zafra, como director da proposta, e de Yadira de Armas e Ana Gabriela Ballate, como comisarias.
O proxecto recolle algúns dos nomes fundamentais da arte cubana contemporánea dos últimos cincuenta anos, a incluír os Premios Nacionais de Artes Plástica Roberto Fabelo, Manuel Mendive, Pedro Pablo Oliva e Alfredo Sosabravo. Canda a eles, Mabel Poblet, Alejandro Gómez Cangas, Roberto Fabelo, Daniela Aguila, Niels Reyes ou Vicente Hernández fan parte da proposta.
Pintura, fotografía, escultura, audiovisual, instalacións e técnicas mixtas mestúranse nesta proposta a transitar "por diferentes temáticas, estilos, soportes e autores que se converteron en imprescindibles dentro do escenario plástico da Illa". O proxecto propón un escenario cunha diversidade de contidos en relación a Cuba, "a súa cultura e idiosincrasia, desde unha mirada sociolóxica, antropolóxica e artística con temas referentes á identidade, a racialidade, a insularidade, a migración ou a mestizaxe" mediante obras que "reúnen a intensidade do potente expresionismo caribeño, combinado cun carácter reflexivo, introspectivo e dunha gran carga emocional".
Estas olladas artéllanse nos apartados temáticos Identidade e insularidade, Bitácora inconclusa, Herdanza e misticismo e Imaxinar unha illa para explorar as diferentes perspectivas artísticas presentes a contemplas tanto as súas reflexións sobre a propia identidade cubana como as conexións creativas con Europa, África e o resto de América.
O acto de inauguración, previsto para as 19 horas deste 16 de xuño, contará coa actuación ao vivo da agrupación David Álvarez y Juego de Manos que interpretarán música tradicional cubana. A mostra poderá verse na Cidade Olívica ata o vindeiro 29 de outubro.