A Sede Afundación de Vigo abrÃu este xoves as súas portas a «Latexos na Colección de Arte Afundación», unha nova mostra que selecciona grandes obras e que estará dispoñible ata o mes de xuño do 2019. Nesta nova revisión da Colección de Arte Afundación ofrécese unha ollada poliédrica sobre a súa diversidade, percorrendo as numerosas lecturas que permite unha colección desta riqueza e pluralidade. A exposición bascula entre un punto de vista vencellado á historia da arte, desde o que se amosan técnicas artÃsticas, diferentes estilos ou a conexión coa historia; e un punto de vista temático con que podemos percorrer Galicia ou viaxar polo mundo, ademais de descubrir as reflexións que agochan as obras contemporáneas máis aparentemente lúdicas, todo isto sen esquecer o papel da muller como representada e como artista.
Ademais desta, AFundación mantén aberta na Coruña a exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» na que se explora a confluencia entre música e pintura nas obras das coleccións de arte ABANCA e Afundación. Unha mostra con 50 pezas que estará aberta a visitas ata o vindeiro dÃa 2 de marzo. Obras de Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano LugrÃs, LuÃs Seoane, Menchu Lamas, LuÃs Caruncho ou Xaime Quessada, entre outros artistas nacionais e internacionais. Seguindo a premisa da relación das artes plásticas e sonoras, establécese unha clasificación en catro seccións que abordan o tema desde diferentes perspectivas para ilustrar estas confluencias: IconografÃa musical, sinestesia, festas e danzas; música na Infancia.