A segunda edición do Fechiño combina arte rupestre con música e tradición oral

Celebrarase o 16 de setembro en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela)

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A segunda edición do Fechiño combina arte rupestre con música e tradición oral

Este sábado 16 de setembro celébrase a segunda edición do Fechiño, o 2º "festival de arte rupestre e proximidade", que produce aCentral Folque co apoio da concellería de Acción Cultural do concello de Santiago de Compostela. O festival quere "poñer en contacto á comunidade local co patrimonio rupestre da zona mediante propostas culturais próximas". A proposta combina un roteiro polas "estacións líticas" da parroquia de San Xoán de Fecha a cargo do Clube Espeleolóxico Maúxo, un concerto de Xoel López e Pablo Caamiña Ursusson, do gruop Sangre de Muérdago e o espectáculo de poesía escnénica "A faia de Ponto", de Alba Cid e Estevo Creus, co saxofonista Xosé Miguélez. Pola tarde, desopis do xantar, intervirán o contacontos Celso F. Sanmartín e o músico Benxamín Otero.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O tesouro das covas (I)

O tesouro das covas (I)

O Clube Maúxo fai un percorrido literario polo mundo subterráneo galego nunha publicación enciclopédica