A nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, festexará a súa 32ª edición entre os dÃas 28 de setembro e 31 de outubro, cun programa diverso que se estenderá ao longo dun mes de funcións e actividades, da man de grandes figuras ou compañÃas da escena actual como Vicky Luengo, Ariadna Gil, Andrés Lima, Paco Bezerra, Pepe Viyuela, Javier Gutiérrez, Kulunka Teatro, Cándido Pazó, Diego Anido o Redrum Teatro, entre moitas outras. O leitmotiv do FIOT este 2023, como xa se anunciou previamente será a loita contra a intransixencia. Este ano a cita outonal ofrecerá un total de 38 espectáculos, dos que 10 serán estreas absolutas e 8 chegarán por vez primeira a representarse en Galicia. Sobre as táboas poderán verse espectáculos de 6 comunidades autónomas distintas do Estado (Galicia, PaÃs Vasco, Comunidade de Madrid, Cataluña, Castilla e León e AndalucÃa) .
Segundo ven de darse a coñecer coa presentación do programa, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo abrirá o seu Programa de Sala coa estrea absoluta de 'Apaga o candil', espectáculo coproducido polo FIOT e Contraproducións. Cun pé no humor e outro na emoción, Candido Pazó, narrador e admirador de Carlos DÃaz O Xestal, achegarase á figura do singular contador de contos carballés. Chega esa produción como contribución do festival neste ano que o Concello de Carballo declarou Ano do Xestal. ' Apaga o candil' poderá verse o venres 6 (21.00h) e o sábado 7 de outubro (20.30h) no Pazo da Cultura de Carballo e contará con interpretación en lingua de signos. A preestrea do espectáculo terá lugar no marco do FIOTeen, co alumnado de secundaria, o mércores 4. Outras estreas absolutas deste 32 FIOT, serán as de 'O pequeno poni', de Redrum Teatro; Sonchistorias, de Xan Veiga; 'Tres vellas na romarÃa', de Quico Cadaval, Celso SanmartÃn e Guti; 'É meu amigo!', de A Trastenda dos Contos e 'Cinco pezas do Metro Cadrado', que se representarán en espazos non convencionais do municipio nos sábados de outubro.