Xa está todo preparado para que o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) desenvolva a súa 31ª edición entre o 30 de setembro e o 31 de outubro baixo o lema #VocesFIOT. O programa xeral inclúe 39 propostas escénicas, entre as que estarán as últimas propostas de Mofa&Befa, Blanca Portillo, Leo Bassi ou Titzina Teatro. A oferta deste FIOT inclúe propostas procedentes de oito comunidades autónomas, asà como dous espectáculos de carácter internacional orixinarios de Italia e de Arxentina.
O cartel inclúe as estreas absolutas das montaxes 'Wombo Combo', de Galeatro; Patrón, de Alberte Montés; 'Os contos de William Shakespeare', de Pedras de Cartón, e PirolÃticos, peza coa que Mofa&Befa celebra o seu trixésimo aniversario abrindo a programación do FIOT o próximo 30 de setembro. A estes tÃtulos cómpre sumarlles catro propostas de pequeno formato que se engloban no VI Certame Micro-escena Metro Cadrado. Outros nove espectáculos chegarán por primeira vez en Galicia. Entre estas propostas inéditas na nosa Comunidade, destacan a montaxe coa que Leo Bassi celebra os seus 70 anos, 'La Voluntad de crecer', a nova obra de Pablo Messiez, ou Búho, a peza máis recente de Titzina. Ademais, Blanca Portillo protagonizará outro dos pratos fortes de esta edición ao chegar ao Pazo da Cultura de Carballo no marco do festival con Silencio, creación de Juan Mayorga.
Homenaxe a Pedro Brandariz
O Festival Internacional Outono de Teatro lembrará a Pedro Brandariz, quen desapareceu prematuramente a comezos deste ano. Este intérprete, clown e contacontos deixou unha fonda pegada na cita carballesa, que cada ano lle dedica unha atención especial á narración oral a través do seu ciclo Rúa dos Contos, que regresa este ano aos bares con nomes como Marta Doviro, Óscar Terol, Quico Cadaval ou Marta Iglesias.
A Rúa dos Contos é unha das múltiples seccións nas que se divide o festival xunto a outros apartados como son Sala+OTNI, que concluirá o 31 de outubro coa función de 'Caneos, recortes e outras formas de driblar', produción do Centro Dramático Galego e Ainé, FIOT en ruta, Teatro de Rúa, Fiotiño ou FIOTeen, ademais da súa entrada este ano no programa de intercambio teatral interautonómico Camiño Escena Norte.