O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) regresará ás salas, ás rúas e a espazos singulares de Carballo para celebrar a súa 32ª edición do 28 de setembro ao 31 de outubro de 2023, da man de figuras e formacións de referencia da escena actual como Javier Gutiérrez, Luis Bermejo, Juan Cavestany, Kulunka Teatro e Diego Anido, entre outras. Asà se anunciou onte na presentación do cartel e dos primeiros avances sobre o festival. O leitmotiv do FIOT este 2023 será a loita contra a intransixencia, unha idea que se transmite no cartel do festival, realizado pola ilustradora carballesa Laura Tova, no que parece a a palabra 'INTRANSIXENTES', corrixida cara a todo o contrario, xunto cunha ilustración que mostra unha aperta colectiva para avanzar a filosofÃa do encontro de artes nesta nova edición: a loita contra a intransixencia a través de personaxes que representan a empatÃa, o agarimo, o afectoÂ… e que se funden nun abrazo diverso no que a Cultura e Carballo son tamén protagonistas.
Segundo o avance de programa, o FIOT traerá a Galicia espectáculos como 'El traje', escrita e dirixida por Juan Cavestany, con Javier Gutiérrez e Luis Bermejo como protagonistas; Forever, estrea en Galicia da nova creación de Kulunka Teatro; e 'O deus do pop', que supón o regreso do actor Diego Anido ás táboas do FIOT. O artista, en pleno auxe de popularidade tralo éxito do filme 'As bestas', do que el é un dos protagonistas, regresa ao FIOT, onde xa estivera en 2017 coa peza 'Symon PédÃcrÃ', feita en coprodución co festival de Carballo. A principios do mes de setembro, o FIOT presentará o programa completo da súa 32ª edición, con todas as liñas habituais que conforman cada ano o festival: Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de actividades paralelas como exposicións, as gravacións de OndaFIOT, a celebración de xornadas profesionais, etc.
RTVE será o medio oficial do festival
Dentro das novidades desta 32ª edición, cabe destacar o acordo do festival coa corporación RTVE, que este 2023 convértese no medio oficial do FIOT. Esta colaboración entre o festival e RTVE supón a gravación e emisión de programas de referencia do eido cultural desde Carballo, con contidos especiais sobre o FIOT: 'La Sala', de RNE; 'Culturas 2', de La 2; e 'El Ojo CrÃtico', con Laura Barrachina, ou 'No es un dÃa cualquiera', con Pepa Fernández. Do mesmo xeito, Cafés Lúa súmase como novo colaborador do FIOT e o seu Dubra Café será o espazo gastronómico oficial do festival este outono, para acoller accións como encontros con compañÃas, artistas e xornalistas e outras iniciativas que pouco a pouco se irán desvelando.