Baixo o lema 'Agora é sempre', o FIOT33 achegará ao público en Carballo, entre o 26 de setembro ao 31 de outubro ,textos de grandes clásicos como Shakespeare, Homero, EurÃpides ou Chéjov, vistos desde o prisma contemporáneo, revisitando conflitos atemporais para propoñer unha viaxe que vai do presente á eternidade, do contemporáneo á tradición. Durante cinco semanas dramaturgos e directores como Daniel Veronese, Esther Carrodeguas, os Premios Nacionais de Literatura Dramática Pablo Remón, Paula Carballeira e Alberto Conejero, José Troncoso ou Andrea Jiménez, ademais de intérpretes como Javier Cámara, Malena Alterio, Israel Elejalde, Marta Nieto, Paula Quintas, MarÃa Salas, Cándido Pazó ou Evaristo Calvo, e compañÃas como Las Niñas de Cádiz, Berrobambán, TalÃa Teatro ou Teatro Kamikaze, entre moitas outras, participarán no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Serán 36 espectáculos, de 3 paÃses e 7 comunidades autónomas españolas, con 8 estreas absolutas, 1 estrea en España, 6 estreas en Galicia e máis dunha trintena de actividades de mediación.
No relativo ás estreas, Carballo verá as primeiras representacións de 'Mulleres que viven soas #MQVS', de Berrobambán en coprodución co FIOT; 'Multiperspectivas#3', de Paula Quintas CÃa.; 'Cagadas', de Cándido Pazó; 'Instrucións para tomar café', de Carlos Rebolo; 'Respira', de Sempre Arriba; 'Rebel Rebe', de Vórtice Escénico; 'Teño un caravel no peito', de Aviva-lo e 'Wasteland', de Vaiembora. Un ano máis, haberá narración oral na Rúa dos Contos, teatro experimental e novos creadores no OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado); circo, teatro de rúa ou teatro fÃsico en Teatro de Rúa; obras curtas de pequeno formato en espazos non convencionais no Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, temáticas orientadas ás inquietudes adolescentes no FIOTeen, etc. Coa fin de darlle pulo ás escénicas do paÃs, en paralelo á programación escénica, o FIOT desenvolve unha intensa actividade con entrevistas en formato podcast, residencias artÃsticas, encontros profesionais, colaboracións con outros proxectos escénicos, exposicións o o premio Xograr de Outono, este ano outorgado a Avelino González. O programa ao completo xa pode consultarse e os abonos e entradas sairán á venda este xoves, 12 de setembro.O